A biografía de Casares preséntase en Compostela

Categoría: Nova

Para conmemorar o Día das Letras Galega de 2017, dedicado a Carlos Casares, a Editorial Galaxia publica a primeira biografía do escritor, na que o relato da súa vida se relaciona coa súa obra. O profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, asina Carlos Casares. Un contador de historias, libro no que vida e obra se iluminan mutuamente poñendo ao dispor dos lectores tanto os aspectos literarios coma os humanos da traxctoria do autor homenaxeado. Deste xeito, esta biografía que a un tempo retrato do personaxe e interpretación da significación da súa obra, convértese nunha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura máis recente, como a cultura e sociedade galega do tempo de Casares.

A presentación en Santiago de Compostela será na Libraría Couceiro, ás 19.45, mañá martes 21 de marzo. O autor, Henrique Monteagudo, estará acompañado por Antón Riveiro Coello e Francisco Castro. Non faltedes!

Comparte nas túas redes sociais ou por email