Pardo de Neyra, Xulio

Xulio Pardo de Neyra
Pardo de Neyra, Xulio

(Lugo, 1968). Profesor titular da Universidade da Coruña e creador, comezou a publicar na adolescencia. No ámbito académico é a única persoa que no Estado español conta con tres teses de doutoramento defendidas en universidades públicas. A súa produción conta con máis de medio centenar de libros, e numerosos estudos de carácter histórico e crítica literaria en revistas e relatorios en congresos nacionais e internacionais. Publicou varios poemarios e como narrador deu ao prelo coleccións de relatos curtos, ademais da primeira novela pornográfica da historia da literatura galega, que, a pesar de ver a luz no século XXI, foi obxecto de non pouca polémica.

As súas obras

A monxa e o grumete
9788491519744
20€ CON IVE