(Madrid, 1886 – Bergondo, 1924), filósofo e pedagogo, entrou en contacto en Madrid coa Institución Libre de Enseñanza, cidade onde se licenciou e doutorou en Filosofía. En 1911 estudou Psicoloxía en varias universidades alemás cunha bolsa da Xunta para a Ampliación de Estudos, que lle deu un amplo coñecemento das correntes filosóficas e pedagóxicas europeas. Foi catedrático de instituto en Santiago e logo na Coruña e formou parte da Irmandade da Fala desta cidade, da que chegou a ser presidente. Escribiu artigos en A Nosa Terra de carácter político, pedagóxico e lingüístico, onde postulaba un achegamento da lingua ao portugués e defendía a galeguización do ensino e a modernización e reforma do sistema educativo. En 1974 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.