Venâncio, Fernando

fernando-venancio-mario-alexandre-borges
Venâncio, Fernando

(Mértola, Alen­tejo, 1944), Escritor, tradutor, investigador e colaborador na prensa cultural do seu país, está considerado uns dos máis reputados lingüistas portugueses da actualidade. Formouse en Lingüística Xeral (1976) na Universidade de Ámsterdam, onde se doutorou en 1995. Foi docente nas Universidades de Nimega (1978-1984), Utrecht (1984-1988) e Ámsterdam (1988-2010), e investigador sénior do departamento de Estudos Europeos desta última. Publicou estudos sobre brasileirismos en Portugal, as reformas ortográficas e o portugués fundamental; escribiu as novelas Os esquemas de Fradique (1999) e El-Rei no Porto (2001) e a antoloxía Crónica xornalística. Século XX (2004), e colaborou en xornais e revistas como Expresso, Jornal de Letras, Colóquio/Letras, Ler e Visão.

Fotografía do autor: ©Mário Alexandre Borges.

As súas obras

Así naceu unha lingua. Sobre as orixes do portugués
9788491516170
18.00€ CON IVE