Santiago, Silvio

silvio
Santiago, Silvio

(Vilardevós, 1903-1974). Xornalista e escritor de formación autodidacta. Participou na fundación do Partido Sindicalista na Coruña. Por mor da Guerra Civil fuxiu a Portugal e dende alí a Venezuela. Neste país fundou o Lar Gallego, o Centro Gallego e a Casa de Galicia, varias publicacións periódicas e incluso un programa radiofónico, "Hora de Galicia". Colaborou en xornais e revistas ata a súa volta ó noso país. É autor de dous libros narrativos, Villardevós (1961) e o póstumo O silencio redimido, que en 1977 lle valeu o Premio da Crítica.

As súas obras

O silencio redimido
silencio
20.50€ CON IVE
Villardevós
9788491514398
18.00€ CON IVE