(Riós, 1980). Actor, director, produtor, ideólogo e activista social, coñecido artisticamente como Rubén Riós, tras cursar Arte Dramática en Vigo, traballou como actor en series de televisión como Libro de familia, Matalobos, Piratas, Urxencia cero e Auga seca, e no cinema en títulos como Pradolongo e Vilamor.
En 2007 crea a produtora Claqueta Coqueta, coa que dirixe curtametraxes como Adeus Edrada? e Coser e cantar (galardoadas cos Premios Mestre Mateo 2008 e 2010), entre outras. En 2013, a raíz da curtametraxe Vida e o documental Máis ca vida, crea o método, pioneiro a nivel Eupopeo, MÁIS CA VIDA RR, que utiliza o cinema como ferramenta de inclusión social e laboral para colectivos vulnerables, proxecto que mereceu o Premio PrixCircom. En 2022 debuta como escritor da man da Editorial Galaxia ca obra Arrieiros somos.