Rúa, Emilio

emilio-rua
Rúa, Emilio

Natural do Concello de Riós, na provincia de Ourense, é un cantautor galego que leva trinta anos no mundo da música. De ben cativo, con tan só sete anos de idade, formou parte da orquestra familiar do seu pai, a chamada: Concorde Atenea.

Foi no 2000, despois de moita dedicación as súas pezas, cando publicou o seu primeiro traballo discográfico, un proxecto homónimo con temas inéditos. Tras este éxito, comezou a colaborar con outros músicos como Ismael Serrano, Victor Manuel o Rozalén. Inda así, non vai ser ata a participación no concurso organizado na cidade de Murcia, coñecido como Muestra Nacional de Canción de Autor, cando alcance o total recoñecemento do público é obtiña o segundo premio por parte do xurado.

Agora coa súa suave e potente voz, como describírona nos xornais e as múltiples entrevistas que lle fixeron, achégase a nós co libro Novelovento, unha proposta musical para dar vida aos poemas de Álvaro Cunqueiro.

As súas obras

Novelovento
Novelovento.jpg
21.00€ CON IVE