Piñeiro, Miguel

miguel_a_pinheiro
Piñeiro, Miguel

Miguel Antonio Piñeiro Moure (Catoira, 1960) é pescador, periodista e escritor.

Desempeñou os seguintes postos de traballo: Redactor do informativo “Mediodía en punta” de Radio Vigo-Ser (1983); locutor-redactor de Noroeste de Radiotelevisión S.A. (Vigo) (1984); axente comercial de vendas de “Publigal S.A.” (1984); redactor do programa “Sol Internacional” de Nortarte Publicidade de Portugal e emitido en Radio Noroeste (Galicia), Radio Sol (Portugal), Radio Toronto (Canadá) e Radio Globo (Brasil) (1984); locutor-redactor da TVG (1985); asesor artístico do programa “Glu-glú Magazine” da TVG (1988), correspondente en Galicia da emisoras Onda Madrid, Radio Euskadi, Canle Nou e da portuguesa Radio Braga (1987-1990), enviado especial da Radio Galega, Onda Madrid e Radio Euskadi a todos os eventos do “Xacobeo-93” (1993); xefe de prensa do “Coto Turístico de Vilagudín” Ordes (1994); director artístico da obra A barca de pedra, de César Lombera, representada en Padrón (1998-1999); director de “Verán-Verán” de Telesalnés, emitido en cadea por 14 televisións locais de Galicia (1999-2001) e director dos especiais “En Clave Social” de Televigo (2001). En 1990 foi nomeado director de programas da Radio Galega, asumindo un ano despois o Servizo Comercial. En 1999 foi nomeado xefe comercial do Departamento Comercial e Marketing da Compañía de Radio-Televisión de Galicia. En 2005 reincorpórase ao persoal da Radio Galega onde dirixe e presenta o programa “Ríos e Montes”.

As súas obras

Lampreas e pesqueiras
lamprea
21.50€ CON IVE