
(Pontevedra, 1952) é catedrático emérito de Psicoloxía Evolutiva da USC. O seu ámbito de especialización é a adquisición e desenvolvemento da linguaxe tanto en nenos normo-típicos como con cegueira e prematuros.
Autor de múltiples libros e capítulos de libros e artigos en revistas de impacto, entre os seus traballos destacan Language development and social interaction in blind children (2020), Nuevas perspectivas en Psicología del Desarrollo. Un enfoque histórico-crítico (1995) e El desarrollo psicológico de niños ciegos en la primera infancia (1994).