Neira, Fernando

fneira
Neira, Fernando

Fernando Neira Díaz, xomalista e critico musical, é oriúndo de Guitiriz (Lugo), reside en Madrid. Colaborador fixo nas páxinas de El País desde outubro de 1995, desenvolveu a maior parte da súa traxectoria na sección de Cultura deste xornal e tamén nos suplementos Babelia, EP3, El País Semanal e El País Madrid. Escribiu para Rolling Stone (onde durante tres anos consecutivos elaborou a sección da última páxina, Cara B), Revista 40, e outras publicacións. Antes de incorporarse a El País xa exerceu o xornalismo musical nas páxinas de ABC (1990-1994) e da revista Época (1992). Na actualidade, e desde 2006, é director de Comunicación de AISGE e da Fundación AISGE.

En decembro de 2006 publicou, xunto con Tito Lesende, o libro 201 discos para engancharse al pop-rock español (Ediciones Autor), que coñeceu dúas edicións. Tamén é autor dos libros Las músicas de Escocia (FNAC, 2002) e Las músicas de Escandinavia (FNAC, 2002). En 2007 produciu e coordinou o disco colectivo Mano que mece la luna, a primeira recompilación a fondo sobre cancións de berce na música tradicional española. Tamén publicou Lágrimas negras (2003), primeiro disco solidario de artistas galegos sobre a catástrofe do Prestige.

As súas obras

Berrogüetto. O pulso da terra
berro
17.40€ CON IVE