Marcos, Xesús Manuel

xesus
Marcos, Xesús Manuel

Xesús Manuel Marcos (Seoane do Caurel, Lugo, 1967) estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballa como funcionario da Administración de Xustiza en Madrid. Estreou panos de narrador en 1994 co relato “Aliados solitarios”, Premio Modesto Rodríguez Figueiredo do Pedrón de Ouro (1994), ao que seguiron o Premio Manuel Murguía do Concello de Arteixo (1994) polos seus relatos “A cela de arame” e “Fuxidos” (publicados no volume Relatos, 1995) e o Premio de Novela Curta do Concello de Marín (1996). Publicou, ademais, a novela En terra perigosa (1996); o libro de relatos Terra queimada (1997), que mereceu o Premio de Narración Curta Ricardo Carvalho Calero convocado polo Concello de Ferrol no ano 1995; a novela O brindo de ouro. I. A chamada do brindo, premio Merlín 2004; o libro de relatos Fonte de esperante (2005) e a novela A lúa dos Everglades (2007), premio Terra de Melide 2007. As súas colaboracións xornalísticas están publicadas en O Correo Galego, El Progreso e La Voz de Galicia.

As súas obras

O esconxurador
esconx
12.60€ CON IVE