Basilio Losada Castro (Pobra de San Xiao, Láncara, 1930) vive desde 1939 en Barcelona, onde desenvolveu unha intensa actividade docente como profesor de Lingua e Literatura galegas na universidade. Tradutor de galego, alemán, catalán e, sobre todo, portugués para o castelán, crítico literario, é autor dos libros Goya, Galicia, O camiño de Santiago, e de varias antoloxías comentadas de poesía galega, amais da novela La peregrina.
En 2015 foi nomeado Académico de Honra pola RAG.