López Domínguez, Xan

xan-lopez-dominguez
López Domínguez, Xan

Un dos ilustradores galegos de literatura infantil con maior proxección internacional. Iniciou a súa carreira na BD coa súa participación no fanzine “Xofre” en 1979. Tres anos despois participa na exposición “Coordenadas” e no número especial que a revista do mesmo nome dedicou á banda deseñada e participa en “El patito feo”. Colaborou con “Can sen dono”, “Cine e historieta galega”, “A banda do 17” e máis recentemente, “BD Banda” e “Golfiño”. A súa carreira orientouse cara a ilustración para libros infantís e xuvenís, eido no que alcanzou recoñecemento internacional.

En 1979 gañou o segundo premio no certame de banda deseñada que organizou a asociación “O facho”. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns: Premio Rañolas de Ilustración, Curuxa do Humor do Museo de Fene, Lista de Honra do IBBY en Berlín, Ilustrador do ano 1994 en Boloña, Placa da Bienal de Bratislava, Premio Malba Tahon da Federação Brasileira do Livro Infantil e Juvenil (IBBY), Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. Ademais, Voces na Lagoa do Espantallo foi considerado entre os cen mellores libros do século XX pola Fundación Germán Sánchez Rupérez.

As súas obras

Voces na Lagoa do Espantallo
voces
11.15€ CON IVE
Canta, miña rula, canta
9788491516293
18.20€ CON IVE