Diéguez, Lois

Lois Diéguez
Diéguez, Lois

(Monforte de Lemos, 1944). O ser humano construíu a palabra, o monumento maior. A avaricia e ambición fixeron a máquina. Eu conto, escribo, para saber de min e comunicar contigo. Cos ollos, coa pluma, coa máquina, se non me controla. Co sorriso. Coa mirada. Só uns exemplos. Un pouco do narrador: Galou Z-28 (Premio Casa
de Galicia de Bilbao, 1975); A canción do vagamundo (Premio Blanco Amor, 1986), Monólogos do espello (1993); Tres sombras góticas e unha rosa (1995); Viaxe ás terras
encantadas de Lemos (1999); A casa de Ga­liaz (2003); O canto do Muecín (2007), A pou­tada do oso (2011), Lugo, a cidade dos tesouros encantados (2014).

Do poeta: Albre de espranza (1966), O ferro dos días (1982) e Ónfalos (2001), entre outras.

Autor da foto: ©Xan Carballa.

As súas obras

As voces amadas
9788491519720
21.00€ CON IVE