Lobato, Xurxo

lobato
Lobato, Xurxo

Naceu na Coruña en 1956 e é licenciado en Xeografía e Historia. Académico da Real Academia Galega de Belas Artes. A súa actividade como fotógrafo de prensa iniciouse en 1977. Dende entón colaborou en medios escritos de Galicia, do Estado e internacionais. Na actualidade colabora con El País. Recoñecido como un dos máis importantes fotógrafos galegos dos últimos anos, traballou de forma intensa en retratar a realidade de Galicia, e tamén doutros lugares. Algúns dos seus traballos amosáronse en numerosas exposicións e mais de cuarenta libros individuais, entre os que destacan títulos como Galicia camiño celeste, El camino de Santiago, Peregrinaxes, ou No país do Nunca Máis, sobre a catástrofe do Prestige.

As súas obras

No país do Nunca Máis
no pais de nunca
34.50€ CON IVE