Helena González Fernández (Vigo, 1967). Licenciada en Filoloxía Galega, traballou no servizo de normalización lingüística da USC e como profesora de lingua e literatura galega en Pontevedra. Na actualidade exerce como profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona.
Ensaísta, publicou varios estudios sobre a obra de Manuel Antonio e Luís Seoane, ademais de colaborar en xornais e revistas especializadas. Pertence ao consello de redacción do "Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos", onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesía, e mais "Lectora. Revista de Dones i Textualitat". Na actualidade desenvolve o seu labor como crítica literaria en Grial.