G. Soto, Luís

Foto LuiíG. Soto
G. Soto, Luís

(A Coruña, 1956). É doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid. Desde 1989, é profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da USC, da que foi decano (2005-2013). Foi redactor do Código Ético da USC (2007).
Publicou os seguintes libros: Outramente Barthes (1988), Paz, guerra e violencia (2003), Aristóteles (2003), a tradución para o galego, con Tareixa Roca, da Nova enciclopedia de bioética (G. Hottois e J. N. Misa, dirs., 2005), O espírito da letra (2008) e, en castelán, Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles (2011). En 2012, obtivo o Premio Carvalho Calero polo ensaio O labirinto da saudade.
Sobre Barthes realizou a tese de doutoramento Unha lectura de Barthes (1986) e coordinou os números monográficos internacionais das revistas Nova Renascença (1994), con José Augusto Seabra, e Agora, Papeles de Filosofía (2005).

As súas obras

Barthes filósofo
Barthes filósofo
16.60€ CON IVE