
(Kanagi, 1909-Tokio, 1948), pseudónimo de Tsushima Shuji, é un dos escritores modernos más apreciados no Xapón. Oitavo fillo dun rico terratenente do norte del país, estudou Literatura francesa na Universidade de Toquio. Nos anos trinta militou nos movementos comunistas clandestinos, polo que foi encarcerado e torturado polo réxime militar. Autor de varios libros de relatos e novelas, foi candidato ao Premio Akutagawa, mais o seu recoñecemento non lle chegaría ata despois da Segunda Guerra Mundial, na que non participou a causa dunha tuberculose, coa publicación da novela Ocaso.
Desherdado polo pai a causa dunha relación cunha geisha de baixo rango e angustiado pola súa adicción á morfina e ao alcol, tentou suicidarse en varias ocasións. En 1948, poucos meses despois da publicación de Menos que humano suicidouse coa súa amante en Toquio, guindándose á canle de Tamagawa. Os seus corpos acháronse, atados coa corda vermella dos amantes suicidas, seis días despois, o 19 de xuño, día en que Dazai faría trinta e nove anos.