Cortegoso, Santiago

Santiago Cortegoso ©Marcello Santos
Cortegoso, Santiago

(Domaio, Moaña, 1974). Despois de traballar como actor en numerosos espectáculos de compañías galegas (Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, A Factoría Teatro, Nove Dous, Llu Llu Teatro, etc.), a partir de 2009 intensifica a súa actividade na escrita e na dirección de escena, nomeadamente á fronte da compañía Ibuprofeno Teatro, coa que montou, entre outras: Reconversión, Smoke On The Water, O mel non caduca, Casa O’Rei, Raclette, O furancho e A filla de Woody Allen.

Gañou os premios Rafael Dieste por 0’7% Molotov, o Álvaro Cunqueiro por Raclette, o Varela Buxán por Smoke On The Water, o María Casares en tres ocasións (Pequenos actos pseudorrevolucionarios, Raclette e Invisibles) e foi finalista nos Premios Max 2017 nas categorías de Autoría e Dirección, por Raclette.

En 2010 escribiu O charco de Ulises, cunha bolsa do programa Iberescena, texto estreado polo Centro Dramático Galego en 2021.

Foto do autor de ©Marcello Santos

As súas obras

Os seráns en Vilancosta. Unha homenaxe a Avelina Valladares
9788411763912
13.80€ CON IVE