Castro Frade, José Ramón

José Ramón Castro Frade
Castro Frade, José Ramón

(Silleda, 1952), formouse no campo do Turismo, onde aproveitou as suxestións que lle ofrecía para facerse entender en máis dunha lingua no estranxeiro (París e Londres). En 1987, de volta na casa, cando se fixo a primeira Feira Exposición de Silleda, daquela con responsabilidades no mundo do ensino, abriu os brazos a aquel novo sendeiro, e tamén á Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Xermánica (Inglés). 

Co acicate da procura dun mellor rural, foi vogal, tesoureiro, secretario, vicepresidente da Asociación Feiral (1998) e director da Semana Verde de Galicia, e publicou artigos sobre o tema en Grial e na revista Cultura Rural.

As súas obras

Feirear
9788411760362
esgotado