Bernal López, Xosé Luís (Farruco)

xose-luis-bernal-farruco-neno
Bernal López, Xosé Luís (Farruco)

Farruco (Santiago de Compostela, 1942). Sendo ben noviño subiu a un estrado e xa non volveu baixar. Presentou festivais, animou concursos, organizou certames, pronunciou pregóns, esconxurou queimadas, fixo teatro, recitou poemas e, co seu personaxe Farruco, a súa creación máis notable, percorreu Galicia, de cabo a chicote, por festas e romarías, e levoulle unha mensaxe de humor e de nostalxia a moitos Centros Galegos de España, Europa, América e do Continente Australiano.

Aos dezaoito anos agarrou un micrófono e xa non o volveu soltar: Falou polos da SER, Radio Galega, Onda Cero, Radio Voz… E para que a súa mensaxe chegase máis lonxe e a máis lugares, editou catro producións discográficas: Caralladas, Farrucadas, Trapalladas e Gargalladas.

Pola década dos oitenta atrapouno unha cámara de televisión e xa non o deixou fuxir.

As súas obras

Cousas de Farruco
9788411762274
16.30€ CON IVE
Eles e mais eu. Compostelaneando
eles-e-mais-eu-compostelaneando
esgotado