(Fene, 1971). Pasou a infancia na Revolta e no Cádavo (Fene), a adolescencia en Caranza (Ferrol) e a madurez en Vilagarcía de Arousa; pero sempre ten un pé, e parte do seu corazón, na parroquia de Centroña, no Concello de Pontedeume.
A cociña do mesón A Marola, en Fene, propiedade dos seus pais, foron os inicios, sendo un neno, da súa paixón pola cociña. A partir de aí cursos, formación e traballos en moitas cociñas e salas levaron a que nunca colgase o mandil.
Traballou como cociñeiro e presentador na TVG en máis de 470 programas de cociña, e como cociñeiro en A Cociñeta e Desafío nos fogóns, ademais de colaborar noutros como A voltas co prato, Quen anda aí, Come na comarca, A Revista e Luar, e na radio en Comer e Falar, da Radio Galega primeiro e en Si Radio despois.