Artistas plásticos e profesores da área de Expresión Plástica na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo (USC).
Licenciados en Belas Artes pola Uvigo, doutores en Belas Artes (UGR) e Humanidades (USC), respectivamente, e graduados en Cerámica pola EASD Ramón Falcón de Lugo, desenvolven a súa investigación artística en medios como o vídeo, o debuxo, a escultura e a instalación. A súa obra expúxose individualmente en importantes museos de arte contemporánea: Raíña Sofía (Madrid), CGAC (Compostela), MUSAC (León); tamén en numerosas exposicións colectivas.
Son promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada, un colectivo que pretende achegar ás escolas metodoloxías baseadas nas artes e contribuír ao deseño de espazos e recursos educativos de calidade nas aulas. As súas propostas recóllense no blogue escolaimaxinada.com. Publicaron: Educar a través dá arte. Cara a unha escola imaxinada Premio Educacompostela 2017, e Debuxar o mundo, Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020.