Marilar Aleixandre publicará Mudanzas e outros velenos este ano

Marilar Aleixandre (Madrid 1947) entrará este sábado 14 de xaneiro a formar parte da Real Academia Galega como académica de número. Para o gran público é unha escritora recoñecida, pero tamén está a súa faceta de bióloga e experta en educación. Marilar Aleixandre é pioneira no uso do galego como lingua vehicular no ensino das […]
Comeza o ano Carlos Casares na Editorial Galaxia

Neste 2017 Carlos Casares é o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, polo que durante todo o ano sucederanse actos, homenaxes, lecturas coas que actualizar a súa figura e a súa obra. Carlos Casares estará unido por sempre á Editorial Galaxia, porque neste selo escribiu practicamente toda a súa obra […]
Máis aló do azul e do rosa, un libro para educar en igualdade

Malia todo o que se avanzou nos últimos anos en cuestión de igualdade entre homes e mulleres, queda aínda moito camiño por andar. E boa parte desa andaina ten que facerse dende o ámbito doméstico, dende as casas, dende a acción educativa das nais e dos pais. Non é un labor doado, porque os medios […]
Comeza o ano Carlos Casares, un escritor para un país

Carlos Casares estará unido por sempre á Editorial Galaxia, porque neste selo escribiu practicamente toda a súa obra e co tempo converteuse no seu editor e no primeiro director xeral da editora. Este ano que acaba de comezar estará cheo de homenaxes, pero ningunha como a de ler os seus libros. Sen dúbida, Carlos Casares […]
Segunda impresión de Pitusa Semifusa e novo libro en xuño!

Chega á editorial a segunda imprensión de Pitusa Semifusa, a nena que nos ensinou os instrumentos musicais. A súa avoa era directora de orquestra e, aínda que non a coñeceu, deixou mandado que se algunha vez tiña unha neta, quería que lle regalasen un gramófono. Pitusa quere sabelo todo sobre a música e os instrumentos […]
Rafael Quintiá Pereira gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016

A obra Mariña, de deusa a santa. A advocación de Santa Mariña na cristianización da Gallaecia, de Rafael Quintía Pereira resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2016, que organizan conxuntamente a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. A xuntanza do […]
Balance do ano 2016

Ramón Nicolás, crítico e investigador, publica na súa bitácora, Caderno da crítica, un balance dos datos que o conxunto de librarías colaboradoras habituais foron ofrecendo ao longo dos once primeiros meses deste 2016. Escolleu para realizar o último taboleiro do ano os libros que gozaron de máis concorrencias nos cinco primeiros postos de cada sección durante o […]