Santiago Lopo gaña o VIII PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL

Venres 26 de setembro de 2014 (13.30 h). As 12.30 horas de esta mañá, fíxose público o fallo do VIII Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, na Refinería de Repsol de A Coruña. O acto estivo presidido por César Gallo Erena, Vicepresidente da Fundación Repsol; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; así como […]

Xiqui Xoque, Fiú Fiú! xa está dispoñible no iTunes e en Spotify

Dende que demos comezo á publicación de música galega, en especial a destinada para música infantil, sempre tivemos moi presente dende a Editorial Galaxia que era moi importante que as creacións dos nosos intérpretes e grupos puidese estar presente nas principais plataformas de descarga musical. Ese é o motivo que nos leva, hoxe, a anunciar […]

Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Xa podes descargarte as bases correspondentes ao XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. O envío de orixinais remata o vindeiro 14 de novembro e a obra gañadora, coma sempre, será publicada pola Editorial Galaxia. Podes descargar as bases completas na ligazón á dereita destas liñas.

Coloquio-presentación de MATERNOSOFÍA en Vigo

A escritora Inma López Silva, acompañada da actriz Mariana Fernández e do Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema, presentarán e manterán un coloquio arredor do libro MATERNOSOFÍA no Centro de Recursos Feministas de Vigo ás 19 h. Inma López Silva ofrécenos un diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade […]

Presentamos o booktrailer de REO

Mañá é o día no que botará a andar un blog, que tamén poderá ser seguido dende o de Galaxia, centrado na novela de Xesús Fraga, REO, que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Nese espazo web, Xesús Fraga irá publicando post relacionados con esta novela que está empezando […]

As Maimiñas en Mos

Este sábado, ás 20 horas, no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos), As Maimiñas presentarán oficialmente, cun concerto, o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore da Editorial Galaxia e titulado 'Unha viaxe polo mundo'. As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña. Son dúas mosenses […]

O novo traballo de Luis Emilio Batallán xa está presente en iTunes e Spotify

Dende hai uns días, o novo traballo de Luis Emilio Batallán, o libro-disco 'Había que chegar' que publicamos dende a Editorial Galaxia, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de venda musical. Así pois, quen queira acceder só á música, pode facelo dende espazos como Spotify ou iTunes. Só se necesita, como é normal, ter […]

Comeza a constituirse a Fundación Blanco Amor

O paasdo domingo deuse o primeiro paso para a constitución da Fundación Blanco Amor nun acto celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense. No acto participaron representantes das distintas institucións implicadas no que será a futura Fundación. Así, asistiron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o presidente […]