Paula Carballeira presentou NUNCA MASCOTAS na Coruña

Onte, na coruñesa librería Moito Conto, a escritora Paula Carballeira, acompañada polo músico Suso Cortegoso e polo editor Francisco Castro, presentou o seu novo traballo, o poemario NUNCA MASCOTAS, que publicamos na Colección Costa Oeste destinada ao público xuvenil. O editor destacou, diante dun auditorio cheo, a importancia que, en xeral, ten a obra de […]

Margarita Ledo XV Premio Ramón Piñeiro López

Margarita Ledo é membro do Consello de Administración da Editorial Galaxia. Ata Láncara acompañouna o director da editora, así como outros amigos e amigas que a abeiraron neste día.

Xosé Monteagudo en Ponteareas

Ás 20.30 no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas estarán Xosé Monteagudo, autor da novela, Carlos Lema, editor, e Manrique Fernández, escritor e coordinador do acto.

13ª edición para Ollos de auga

A novela coa que Domingo Villar iniciou a súa andaina na narrativa policial en galego. O protagonista o inspector Caldas que leva engandadas a miles de persoas en Galicia. Así celebramos a 13ª edición desta novela e que veñan máis!