Mudar a historia que outros escribiron por nós

Categoría: Nova

“Quen sabe, se cadra algún día somos quen de mudar a historia que outros escribiron por nós”.

Begoña Caamaño, Circe ou o pracer do azul.

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, recuperamos as palabras da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño.

A través da reescrita dos mitos, Caamaño devolve a voz ás mulleres, cuestiona os relatos herdados e reivindica o seu dereito a decidir sobre as propias vidas. A novela constrúe un diálogo íntimo e poderoso que despraza o foco do heroe masculino e pon no centro a experiencia, o desexo e a complicidade feminina.

A súa obra segue a dialogar co presente cunha mirada crítica, feminista e fondamente literaria.

Camiñemos, a través da cultura e a palabra, cara a igualdade e a construción dunha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir en liberdade, sen medo e sen violencias. 

Comparte nas túas redes sociais ou por email