Ilustracións ESTHER S. RIVAS
Tras pasar o verán en Portomarín e resolver o seu misterio, Antón, Sabela, Iria, Carola e o can Venres inician unha nova aventura. No transcurso dunha viaxe fan unha parada técnica en Lugo e son testemuñas directas do roubo do torque de Burela no Museo Provincial. A vila mariñá é o seu destino para as vacacións de Nadal, así que aproveitarán para investigar o sucedido con dúas novas incorporacións ao grupo: os irmáns Manu e Isa.
Acción, humor e compañeirismo, non exentos dalgunha que outra liorta entre detectives, son os ingredientes principais deste novo misterio onde nada é o que parece. Porque, que pasaría se as persoas culpables están moito máis preto do que cren?
Segunda entrega da saga dos Misterios, coa que máis de 30.000 lectoras e lectores xa descubriron as súas habilidades detectivescas!

(Burela, 1991) é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos Lonxa Literaria 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos Os Viadutos 2014, de Redondela, e o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016). Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.
En 2018 gaña o Premio de Narrativa Illa Nova con Senlleiras, e en 2019 publica O misterio do torque de Burela.