León Fong, Betty

León Fong, Betty

Naceu en Panamá no seo dunha familia de emigrantes cantoneses. Aos 18 anos obtivo unha bolsa do Goberno alemán para estudar Ciencias Físicas en Maguncia e Aquisgrán. Alí coñeceu e casou con Xosé Luís Outes Ruso, natural de Compostela, quen a iniciou na cultura galega, á vez que ela o introduciu nos praceres gastronómicos chineses.

En 1977 mudáronse a Vigo e despois a Nigrán. Desde 1978 ata a súa xubilación en 2010 traballou na Universidade de Vigo, chegando a ser catedrática de Física Aplicada. 

Pola súa orixe chinesa-panameña sempre cociñou cociña cantonesa e caribeña. As súas actividades profesionais levárona a viaxar por medio mundo. Nas súas viaxes, a súa paixón pola gastronomía e a súa capacidade de observación e atención aos detalles, inherente a todo investigador experimental, permitíronlle degustar pratos tradicionais e exóticos, que logo procura recrear e modificar na súa cociña. Posúe unha boa biblioteca de libros de cociña e desde os dezaoito anos recreouse cociñando para ela, a familia e amizades. A cociña, a pintura e a música son as súas paixóns actuais.

En 2023 concedéronlle o primeiro premio no Certame Literario-Gastronómico Yo soy de Montalbán, con motivo do XX aniversario do falecemento de Manuel Vázquez Montalbán, onde se requiría redactar unha nova receita inspirada nalgunha novela de Pepe Carvalho, ao tempo que escribir un texto literario que a integrase nunha pasaxe do libro elixido, no seu caso, Los pájaros de Bangkok. As receitas gañadoras, “pato con Hoisin” e “flan de ovo ao baño maría”, figuran neste libro.

As súas obras

DA SOIA AO GRELO. Cociña galego-chinesa
Da soia ao grelo
22.50€ CON IVE