O 15 de xuño celebrarase na sede da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, unha xornada conmemorativa do V centenario do nacemento de Luís de Camões.
Os actos, que terán lugar en sesións de mañá e tarde, están organizados pola Fundación Penzol, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Estrutura de Missão para as Comemorações do Nascimento de Luís de Camões, e contan coa colaboración do Concello de Vigo, o Consulado-Geral de Portugal em Vigo e o Camões-Centro Cultural Português em Vigo.
12:30 h. Apertura e inauguración da exposición:
«De aquí o xerme saíu. Presenzas galegas de Camões no V centenario do seu nacemento»
Intervirán Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol; Dolores Vilavedra, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; João Bezerra da Silva, cónsul xeral de Portugal en Vigo; Joaquim Coelho Ramos, comisario xeral adxunto para as Comemorações do V Centenário do Nascimento de Luís de Camões; Xosé Manuel Dasilva, subdirector da Fundación Penzol e comisario da exposición; e representación da Alcaldía de Vigo.
A exposición céntrase na orixe galega de Camões, o seu papel como referente na cultura galega e a súa influencia nas nosas letras. Un último panel trata sobre os importantes fondos bibliográficos que posúe a Fundación Penzol do seu patrimonio literario, así como de estudos da súa obra e da recepción da súa figura en Galicia. Unha selección desa bibliografía presentarase en catro mesas-vitrina, xunto con valiosa documentación, entre a que salienta un documento do século
XIV, un privilexio de Enrique III privando a Vasco Pérez de Camões, tataravó do poeta, do seu señorío da vila de Baiona.
16:30 h. Sesión de tarde:
1. Apertura: Xosé Manuel Soutullo, director da Fundación Penzol.
2. Presentación do libro “Camões en Galicia” (Galaxia, 2026), de Xosé Manuel Dasilva, catedrático na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.
3. Conferencia «O galego en Portugal no século de Camões», por Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela.
4. Conferencia «Um dia Camões nasceu e nunca mais morreu: mecanismos de preservação da memória literária no século XXI», por Micaela Ramon, profesora do Departamento de Estudos Portugueses e Lusófonos da Universidade do Minho.
5. Conferencia «Inquietação e conhecimento na poesia de Camões (“Matéria perigosa?”)», por José Carlos Seabra Pereira, profesor da Facultade de Letras da Universidade de Coimbra.
18:30 h. Recital poético-musical:
Coordinado por Marilar Aleixandre, directora da Sección de Literatura da Real Academia Galega, coa participación de Henrique Monteagudo, Chus Pato, Ramón Nicolás, Marilar Aleixandre, Claudia Morán, Rexina Vega e Fina Casalderrey.
Pechará César Morán coa interpretación de «Verdes são os campos», poema de Camões musicado por José Afonso.
20:00 h. Ofrenda floral
Na praza de Portugal de Vigo, diante do busto de Camões, organizada polo Consulado-Geral de Portugal, coa asistencia de representantes das entidades organizadoras e colaboradoras.