Cabanas (Ouzande, A Estrada, 1976). Compaxina a súa actividade como arquitecta con traballos de deseño gráfico e ilustración en diferentes ámbitos.
Nos últimos anos desenvolveu varios proxectos artísticos propios como Mulleres valentes, Mulleres imaxinadas, Compañeiras, O mundo na cabeza e As que fan a festa, onde explora temas sempre presentes na súa obra: a muller, a identidade galega e rural e a memoria.
En 2025 participou como ilustradora na obra Os seráns de Vilancosta, de Santiago Cortegoso, publicada por Editorial Galaxia.