Estás aquí:

Código: 19212

Meigas (Lectura Fácil)

15,50 € IVE INCLUIDO

Adaptación: Jesús Meiriño

Ilustracións: Agustina Shuan

Esta é unha novela sobre meigas. Pero as meigas desta novela non son como ti cres: estas non rouban nenos e non lle fan dano á xente. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp e axudan a quen o pide. Pero tamén se enfadan, bailan e van xuntas de festa. A protagonista desta novela é Xiana, unha rapaza de 16 anos que é neta dunha meiga. Xiana quere ser meiga como a súa avoa, aínda que para conseguilo terá que pasar un exame ao que tamén se presentan outras rapazas...e só hai dúas prazas!

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 168
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 31/10/2025
Dimensións 210 x 130 mm.
Colección: Lectura Fácil; Costa Oeste
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-498-8
Observacións:

AUTORES/AS

Folgar Brea, Esteban
Esteban Folgar Brea

Vive e traballa na Estrada, como profesor no IES Antón Losada Diéguez, onde tamén leva a radio escolar. Non cre nas redes sociais, prefire a sidra antes que a cervexa; sae todos os días cazar pokemons, e, sempre que pode, vai pedalear na bici e bucear. 

É licenciado en Filoloxía Hispánica, Románicas, Xornalismo e Comunicación Audiovisual, o que lle serviu para traballar como profesor de español na China e Italia, e despois impartir clases de Imaxe e Son en Vigo e A Coruña.

Esta é a súa primeira novela, inspirada por unha canción de María Fumaça e saída en parte da potente imaxinación dos seus tres fillos.

Se queres contarlle que che gustou moito (ou nada) a obra, escríbelle!: esteban.folgar@edu.xunta.gal

As súas obras

Meigas
9788411761444
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Lectura Fácil; Costa Oeste

Meigas (Lectura Fácil)
Cuberta Meigas LF OBRADOIORO 9,5 MM.indd
15.50€ CON IVE