Radcliffe, Ann

Ann Radcliffe
Radcliffe, Ann

(Londres,1764-1823). Considerada a nai da novela gótica, nas súas obras combina á perfección o suspense, as paixóns desenfreadas, os sucesos sobrenaturais e a presenza constante dunha paisaxe abrupta e ameazante.

Malia a súa popularidade, pasou gran parte da vida afastada do público, vivindo recluída, o que deu lugar a rumores de todo tipo sobre a súa saúde mental. 

Escribiu seis novelas, un diario de viaxes e numerosos poemas, sendo a escritora máis senlleira da súa época. As súas obras foron fonte de inspiración de autoras e autores que a admiraban, como Jane Austen, Mary Shelley e Walter Scott.

As súas obras

Os castelos de Athlin e Dunbayne
9788411764810
17.25€ CON IVE