Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na Editorial Galaxia queremos destacar a labor das autoras que publicaron no noso catálogo ao longo do pasado ano e no que vai de 2018, facendo patente o noso compromiso coa igualdade de xénero e as reivindicacións feministas.
Ademais, e de xeito especial, quixemos facer visibles as voces daquelas traballadoras que fan posible no día a día o bo funcionamento desta Editora e que hoxe, 8 de marzo, paran en prol da igualdade de oportunidades e a visibilización do papel da muller en todos os eidos da sociedade. Elas son Malores Villanueva, editora; Pichi Suárez, comercial; Catarina Pérez Davila e Loli Vicente, traballadoras da administración; Mabel Montaña, adxunta á dirección e xefa económica; Hayat Husein, deseñadora e maquetadora; e Alba Pernas, maquetadora.