O día 31 de outubro, ás 18:00 h, celebrarase, no Patio do Vello Cárcere de Lugo, a presentación do libro Porque te quero, de Baldo Ramos.
Acompañando o autor, asistirán o escritor Xerardo Quintiá e o mago Carlos Coira.
Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no teléfono: 982 297 195
O acto contará con todas as medidas de seguridade.
Este poemario, de Baldo Ramos, lese practicamente igual de esquerda a dereita que de dereita a esquerda.
Estes poemas
son reversibles.
Ilustrado por Anxo Rodríguez, Porque te quero nace dunha interacción creativa entre o autor e os seus fillos, Aldara e Mateo. O resultado é unha poesía libre, na que o amor é o protagonista.
Baldo Ramos(Celanova, 1971) cultiva a súa vocación artística dende os 17 anos, cando comeza a escribir poesía. Ten publicado, entre outros, os libros: Palimpsesto (2009) e Cartografía do exilio (2014). Recibiu numerosos premios, entre outros, o Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Concello de Carral, Fiz Vergara Vilariño, e foi accésit do Premio de Poesía Iberoamericana Víctor Jara e do Premio de Poesía Miguel González Garcés.