Kim Puime gaña a VII edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada

Reunido en Pontevedra o 6 de xuño, o xurado da VII edición do Premio «O Garaxe Hermético» de Banda Deseñada, integrado por Kiko da Silva, debuxante e responsable do Garaxe Hermético; Teresa Valero, debuxante; e Marcos Calveiro, director de Edicións Galaxia, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra Merlín e familia, adaptación da obra […]