Macarena G. Vicente e Iria Bermúdez dan vida a Curro en “Un porquiño polo San Martiño”

Curro recibe grandes doses de aloumiños, goza de longos paseos coa granxeira e come as mellores landras. Ata que un día escoita algo que remata coa súa tranquilidade. Así comeza Un porquiño polo San Martiño, a obra coa que Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas acadaron o Premio Alberte Quiñoi 2025 de álbum ilustrado. […]