A mostra CREAR PORVIR exhíbese no Café Moderno e pon en valor o papel do deseño no mundo editorial

Editorial Galaxia conmemora o seu 75 aniversario reivindicando o papel da edición galega, coa exposición “Crear porvir. 75 aniversario Editorial Galaxia” Comisariada por Henrique Monteagudo, actual presidente da Real Academia Galega, Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, destaca o labor dos autores e autoras desde 1950 ata a actualidade, reflectindo o papel clave da editorial […]
Novidades na Biblioteca 75 aniversario de Galaxia

Con motivo dos seus 75 anos de historia, Editorial Galaxia lanzou a Biblioteca 75 aniversario, unha colección que recupera obras fundamentais da nosa literatura e cultura. Son títulos que, en tempos de censura e escuridade, supuxeron unha renovación do panorama galego e que hoxe se ofrecen de novo ao lectorado coa vontade de seguir iluminando […]