“As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936” de Carmen V. Valiña: a historia das que nunca importaron

Editorial Galaxia publica As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936, de Carmen V. Valiña, unha obra que rescata do esquecemento as voces silenciadas de mulleres internadas no hospital psiquiátrico de Conxo entre finais do século XIX e o comezo da Guerra Civil. Nun relato documentado e conmovedor, a autora achéganos […]