“Sentinelas no limiar das tebras”: unha aventura para os amantes da fantasía

Lara, Sabela e Xurxo descobren que foi Cinza, o boticario, quen secuestrou o seu amigo Lois. Pero non sospeitan que, se non actúan axiña, Lois formará parte do menú que precisa a moura Xerpa para recuperar o seu poder, minguado durante un letargo secular. E non só Lois: todas as nenas e nenos de Claramonte […]