Presentación de “Ou as dúas estaredes mortas”, en Sober

O martes 30 de xaneiro, celebrarase, ás 18 h, na Biblioteca Pública Municipal de Sober, a presentación de Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé Manuel Eyré. Acompañando o autor, estará Paula Vázquez Verao, historiadora e libreira. Publicado na colección Literaria, Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé M. Eyré conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. […]