Lectura dramatizada de “Morte accidental dun anarquista”, en Vigo

O xoves 25 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, en RioLagares, en Vigo, unha lectura dramatizada arredor de Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo, da man dos alumnos da ESAD de Vigo, dirixidos por Ermel Morales. Contará coa participación de María Alonso Seisdedos, tradutora da obra e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. […]