Alberto Avendaño entra na Academia Norteamericana da Lingua Española

O xornalista e escritor galego Alberto Avendaño foi nomeado académico de número da Academia Norteamericana da Lingua Española (ANLE). A xunta directiva da entidade tomou a decisión durante o derradeiro pleno celebrado a finais de outubro, poñendo en valor a súa traxectoria persoal e profesional, que dedicou produtivamente ao estudo, difusión e promoción da lingua […]