Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?

Atopárasme medio morto. Ou completamente morto. Nunca o souben. Do que si estou seguro é de que a peor consecuencia daquel disparo foi a túa conquista. Tamén confirmei que son un covarde. Teño o recordo de verte alí, ao meu carón, pisando o meu sangue. Recoñecera os teus zapatos. Tamén a amplitude do vestido que […]