Galaxia publica “En tempo de desconto”, o novo libro de Xosé Ramón Pena

Esta semana chegará aos nosos almacéns o novo libro de Xosé Ramón Pena, En tempo de desconto. Atopámonos perante un autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país. Este libro de relatos, publicado na colección Literaria, é a confirmación diso, e de que estamos diante dun dos mellores narradores das letras galegas. […]

Galaxia publica a primeira novela de Cristina Pato: “No día do seu enterro”

Esta obra, publicada na colección Literaria de Galaxia, é unha novela sobre o poder da palabra, sobre a nobreza dos invisibles e sobre as verdades non contadas. Unha conmovedora historia sobre o que significa reconstruír a vida para poder sacar adiante unha familia. A raíz da inesperada morte do seu pai, as irmás Raposo comezan […]