A Editorial Galaxia publica “Aura 1964”, de Ignacio Vilar

Con este título a editorial inaugura no seu catálogo a colección Guión na que aposta pola publicación de textos escritos para o cine. A Editorial Galaxia aposta a favor da memoria histórica con “Aura 1964”, de Ignacio Vilar, guión da súa nova película, e un proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo). […]