Emma Pedreira

A Coruña, 1978. É licenciada en Filoloxía Hispánica, poeta e narradora. Entre a súa ampla pordución destacan os poemarios Xoguetes póstumos (2010), Libro das mentiras (2012) e s/t (2015). Como narradora, publicou varios libros e en 2016 gañou o Premio Narrativa Quentes que convoca Edicións Positivas co libro Corazón e demais tripas.

Ler a Paul Auster en galego no seu 70 aniversario

Paul Auster é un dos grandes narradores, un deses escritores de culto para millóns de lectores e lectoras, pero tamén para a crítica. Antes que escritor foi un lector voraz, e entre as súas lecturas estaban os clásicos como: Dostoievski, Edgard Allan Poe, Nathaniel Hawthorne, Kafka, Beckett, Shakespeare e, especialmente, El Quijote, de Miguel de Cervantes, […]

A galiña azul, de Carlos Casares, percorrerá Galicia

A Editorial Galaxia xestiona a posta en escena da obra infantil de Carlos Casares, A galiña azul que a Secretaría Xeral de Política Lingüística achegará a un bo número de concellos galegos. O programa FalaRedes 2017 ábrese hoxe cunha actividade que constitúe unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día […]

Rapsodia en negro, a primeira tradución de poesía contemporánea chinesa

Onte presentouse na Coruña, Rapsodia en negro, a primeira tradución de poesía contemporánea chinesa para a nosa lingua e o maior compendio traducido da obra do recoñecido poeta Jidi Majia. Alberto Pombo encargouse de acometer esta empresa, difícil, pero que polo resultado parece doada, xa que cando un le estes versos parece que naceron en galego, […]