Ana Torres Jack é entrevistada no Coruña Magazine

A psicóloga e orientadora educativa Ana Torres Jack acaba de publicar Máis aló do azul e do rosa, unha guía de estratexias para previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia. Un manual que será presentado o 1 de febreiro na libraría Moito Conto da Coruña e o 8 do mesmo mes na libraría Biblos […]
Marcos López Concepción fala no Atlántico de Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro

No Atlántico Diario aparece unha entrevista a Marcos López Concepción que debuta na literatura con Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro. Unha nena á que ninguén lle fai caso por ser pobre, pero un día empeza a facer unha caca moi especial. De ouro! E de súpeto todos queren a Pituxa. Sobre todo, certos banqueiros […]