O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares

Todos os Días das Letras Galegas son importantes, pero este, para a Editorial Galaxia, sen dúbida, éo moito máis, porque Carlos Casares é a historia de Galaxia e non se pode entender Galaxia sen a obra literaria e o facer intelectual de Carlos Casares. A totalidade da súa obra literaria está en Galaxia, o seu […]

O fillo de don Paco

Para moitos limiaos, Carlos Casares sempre foi o fillo de don Paco, un home entrañable que nos deu clase a moitos rapaces de Xinzo. Carlos, herdeiro natural desa xenerosidade que só recae nas boas persoas, reunía as virtudes do pai e, amais dun excelente escritor, era un gran xestor cultural, un humanista conciliador, un home […]

Marilar Aleixandre, académica de número electa da Real Academia Galega

No Pleno da RAG do pasado sábado, no que se decidiu homenaxear a Carlos Casares do Día das Letras Galegas 2017, tamén foi elixida académica de número electa María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947) para ocupar a vacante producida polo pasamento, o pasado 27 de novembro, de Xosé Neira Vilas. Coñecida como Marilar Aleixandre, é […]