Palabras para Xaime Illa

O 28 de xuño de 1992 recibía Xaime o Premio Trasalba. Moitos de vós estabades alí e lembraredes como ao cantárdeslle "Chámase Xaime" -que os amigos lle dedicastes coa música da Rianxeira- el respostou -cantando co xeito que tiña- coa fanfarria "A Balandra dos Ultreyas", poema de Fermín Bouza musicado polo seu amigo Aquilino Iglesias. […]